TICs para a internacionalización
Descrición
Durante a mañá do mércores 25 de setembro levouse a cabo unha nova xornada dos #MiércolesDeInternacionalización no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Neste caso, desenvolveuse o primeiro dos dous talleres sobre TICs na internacionalización aos que se poderá asistir, centrándonos, neste caso, na presentación das empresas inscritas e nun caso práctico real.
Na segunda e última xornada do taller de Tics para a internacionalización contouse coa participación de diversos provedores de ferramentas Tics, o que permitiu que se puidesen realizar simulacións de negociacións b2b entre estes e as pemes galegas participantes no programa.
Vídeos da xornada