Formación para a internacionalización
Os encontros denominados “Os mércores en Zona Franca” son unhas sesións enmarcadas dentro do programa de Internacionalización que desenvolve o CZFV. Esta páxina web, www.videoexterior, recollerá toda a información de interese dos encontros presenciais para apoiar as necesidades de micro, pequenas e medianas empresas galegas na súa internacionalización.
Este programa que arrincou en febreiro de 2019, durará até o final do primeiro semestre do ano 2020. Todas as semanas a Zona Franca organizará os mércores unha xornada en horario de mañá (salvo os meses de xullo e agosto e as vacacións de nadal). Durante este tempo celebraranse un total de 53 xornadas abertas ás pemes que desexen ampliar os seus coñecementos e habilidades sobre o acceso distintos mercados exteriores.
Unha excelente oportunidade para que as pemes adquiran o coñecemento preciso para acceder con éxito a novas áreas xeográficas onde aumentar o seu negocio
Na web VideoExterior poderase consultar o contido de maior interese que foi exposto nestes encontros presenciais a través de pílulas informativas de curta duración e vídeos coas experiencias en internacionalización das empresas. A información das xornadas organizouse en tres bloques:
Á finalización de cada sesión as empresas participantes terán a posibilidade de realizar tutorías personalizadas cos expertos participantes na xornada.
Este portal web por tanto convértese nun repositorio formativo para a internacionalización.
Todos os vídeos sobre internacionalización pódense consultar na lista de reprodución de internacionalización na canle de YouTube de VideoExterior.