Xornadas informativas de mercados
Descrición
Nesta xornada presentáronse ante máis de 18 empresas, as distintas oportunidades de negocio que brinda o mercado alemán para España, especialmente para o mercado galego. Na actualidade Alemaña é a economía máis importante de Europa e a cuarta potencia económica mundial, sendo tan só superada por China, Estados Unidos e Xapón. Sebastián Díaz, especialista neste mercado e relator principal da xornada afirma, que as exportacións galegas roldan o 4% das exportacións totais de España cara a Alemaña. De igual forma cabe puntualizar que os 3 principais sectores que Galicia exporta a este destino son: pezas de vestir, seguido de automóbiles e por último equipos de automoción.
Vídeos da xornada