Continuamos co desenvolvemento dos #MiercolesdeInternacionalización presentando durante a mañá do 19 de febreiro as oportunidades comerciais e de negocio para as empresas galegas contorna en Arxentina e Uruguai. Dita xornada foi coordinada e dirixida por Elías Sicilia e Sebastian Díaz de (Opera Global Business). Así mesmo, contouse coa participación, como experiencias reais no mercado, dos representantes das empresas ALTIUS e INDUSTRIAS GUERRA, quen contaron as súas experiencias de internacionalización en cada mercado e as diversas barreiras e oportunidades que atoparon en cada unha destas economías.