Xornadas informativas de mercados
Descrición
O mércores 28 de outubro, o Consorcio da Zona Franca de Vigo puxo o broche de fin ao ciclo de xornadas sobre mercados internacionais, coa celebración dunha xornada informativa sobre o mercado de Cuba. A coordinación da xornada correrá a cargo de Sebastián Díaz, especialista en comercio internacional da consultora Opera Global Business, que durante a súa presentación mostrará os trazos característicos do mercado e as oportunidades identificadas. Para completar as ditas informacións máis técnicas e xeneralistas, contarase con experiencias de empresas co mercado, que contarán as súas experiencias no mercado cubano: Modesto Dominguez, da empresa Reymo Import-Export, empresa instalada na ZFV e con delegación en Cuba; e José Manuel Córdoba do Luxeapers (Almería), empresa dedicada á fabricación e venda de produtos hortofrutícolas principalmente.
Vídeos da xornada